🚀 Dónde e cando?

O venres 11 de novembro ás 19:00h na Facultade de Belas Artes, teremos unha conversa moi interesante! Apúntate.

🍿 E de que imos falar?

Cantas veces entraches nunha web, que a simple vista semellaba interesante, cun bo deseño e todo funcionando correctamente, e saíches coa sensación de ter perdido o tempo, ou frustrado ó non atopar o que buscabas?

Nesta charla veremos as cousas sobre as que se debería reflexionar ou os pasos a seguir, antes de poñerse a crear unha web ou de encargala.

👨🏻‍🏫 Quen será a relatora?

Sabela Muñiz é unha creativa dixital que na actualidade está a desenvolver un proxecto de comunicación no que aplicar a metodoloxía que emprega á hora de dar charlas ou talleres para achegar as novas tecnoloxías a todos os públicos.

Membro moi activo da Comunidade de WordPress Pontevedra, colabora con diferentes proxectos tecnolóxicos, sobre todo se son colaborativos.

🚪 O evento ten lugar no espazo 16 da Facultade de Belas Artes, no primeiro andar (colocaremos letreiros e alí estaremos para guiarte se te perdes!)